Ir a portada
Castellano   |   Galego
Arbol Concello

ACTUALIDADE
Xerais

Adquisición dos abonos de tempada para a piscina municipal

22/06/2017

Xa se poden adquirir os abonos de tempada para a piscina municipal. Poden ser familiares e individuais, infantil (ata 12 anos ) e adultos (máis de 12 anos).

Os prezos públicos son: 58,50 € o abono familiar (ata 4 abonados, despois 10 € por persoa a maiores); 30,50 € o abono individual de adultos e 15 € o abono individual infantil.

Para tramitar o abono é necesario cubrir o formulario de solicitude cos datos dos abonados,fotocopia do D.N.I de cada abonado, unha foto tamaño carné e facer o ingreso do prezo público correspondente. Unha vez feito isto, entregarase un carné a cada abonado co que poderá acceder á piscina.

O abono é valido para toda a tempada de verán (do 19 de xuño ao 17 de setembro).

O horario de atención ao público na Casa do Concello é de 9.00 a 14.00 de luns a venres.

Correo de contacto: daniel.feijoo@moeche.gal ; teléfono: 981 404006

Arquivos Adxuntos

 

Aviso Legal | Mapa Web | Contacto