
O principal punto de atención para o turista é o Castelo, que leva o nome do municipio. Sen embargo, son moitos os fermosos lugares cos que nos vamos atopando se facemos un recorrido por Moeche.O Castelo de Moeche, esta situado na Parroquia de San Xurxo, foi construido no século XIV, pola súa antiguedade e as suas características é o edificio máis emblemático deste Concello.
Posúe planta poligonal,na que a parte oeste vese defendida cun foso escavado na rocha. No leste está a entrada, defendida cun baluarte apegado de planta irregular, co fin de incrementa-la capacidade defensiva e controlar mellor o contorno.
Ten sete sectores e dúas poternas para coidado do foso. Dende o baluarte, atravesando a cadrada torre da homenaxe, unha das partes mellor conservadas e na que aínda apreciamos as almeas que a coroaban, accédese o patio de armas, ó que verten as catro estancias que, xunto coa torre, conforman o Castelo. Nunha delas consérvase unha escaleira helicoidal de cantería que permite o acceso ó paso de ronda. Está construído con espesos muros de cachotería, cos pavimentos de grava e herba.No interior nunha das estancias aínda se conserva unha bóveda e no exterior, dous escudos de armas e pequenas fiestras con arcos de medio punto.
Acceso: Pola Carretera C-642 hai que coller un desvío na dirección a San Ramón. Unha vez en San Ramon siguese a mesma carretera,a 3 km aproximadamente atopase o castelo
HORARIO E INFORMACIÓN:
Horario de inverno (dende Setembro a Xuño).
Sábados, Domingos e Festivos de 11.00h a 14.00h e de 15.30h a 17.30h
Horario de verán (dende Xuño a Setembro).
Sábados, Domingos e Festivos de 11.00h a 14.00h e de 16.30h a 20.00h
Horario semana santa.
Tódolos días excepto o Luns de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h
Precios: Adultos: 2,50 €; infantil: 1,50 € Grupos (min. 15 personas.): descuento 20 %
Se falamos do Castelo, non nos podemos esquencer do Festival Irmandiño, que dende o ano 1.980 celebrase o terceiro sabado de cada mes de Agosto, o son da gaita e o tamboril. Este festival e organizado pola Asociación Cultural “Castelo de Moeche”, e significa moito mais que un festival de música celta, posto que nel pretendese conmemorar e reivindicar, con carácter festivo, o movemento Irmandiño, coas súas características de unión e defensa dos intereses populares.
A actividade principal do mesmo, o momento culminante, é a conmemoración histórica, e dicir o asalto o castelo, que se fai a medianoite, e é o pobo quen armado con fachos, protagoniza os acontecementos, toma o castelo, e resulta vencedor na contienda.
Aínda que é o Castelo o que xoga un papel fundamental no Festival, o outro elemento que centra toda a atención dos visitantes é o campo onde se celebran as actuacións musicais,onde estan os postos de comidas e bebidas e os postos de artesania.
DESCARGAS
Unidade Didáctica Exercicios da Unidade Didáctica |
Trípticos Folletos |