
Polo que respeta os Pazos, cabe salientar o Pazo de Rañal situado na Parroquia de San Xurxo, onde viviron as familias das escritoras Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán.
Data do século XVII,e segun os historiadores foi construído por D. Pedro Tenreiro de Lago e a súa dona Margarita de Cora y Aguiar.Presenta unha planta irregular, debido as distintas modificacións e añadidos que sufreu ó longo dos tempos. É unha construcción sinxela, de dous andares e muros de carga de cachotería recebada e pintada,nos que se abren unha serie de vans enmarcados por pezas de cantería con carpinterias de madiera. Na cuberta misturanse dous materiais,a tella curva e a lousa.
Os muíños están ben representados, dadas as boas condicións hidrográficas do Concello. Existen diferentes tipos segundo o seu réxime de propiedade. O máis característico e o da Ponte do Norte,que se afasta deses modelos tan difundidos e elementais.
Muiño en Ponte Norte
Esta situado na Parroquia de San Xurxo. Ten unha planta cadrada e dúas alturas, pois conta con vivienda para o muiñeiro. Cóbrese a tres augas con lousa, que se reforza nos seus ángulos. Se ben tres dos parametros non fan senón reflecti-la típica casa da zona,a fronte resólvese de xeito mais persoal, botando man dun corredor. Este, é de madeira, e cóbrese coa prolongación do tellado.Apoia en canzorros moldurados, e a el accédese desde o exterior por unha escaleira apegada á casa. Entre os canzorros moldurados, baixo os mesmos, ábrese unha fiestra que ilumina o tremiñado, estancia que conta con varias moas, como nos indican os tres arcos de medio punto que deixan paso á auga.
Os hórreos forman un capítulo destacado, observándose o predominio do tipo Cabanas, tan espallado pola comarca,e sempre caracterizados pola cuberta a catro augas, de lousa, carecendo de remates. As cornixas de madeira adoitan decorarse con molduras e pintarse.
Esta situado no lugar da igrexa, na Parrroquia de Labacengos. A cuberta é a catro augas, e sen remates. A cámara, salvo as columnas pétreas das beiras, é de madeira,con tres claros cerrados con balaústres de madeira verticais reforzados cunha dobre faixa.
Esta situado no lugar de San Xiao, na Parroquia de Labacengos. Esta situado sobre un muro no que se apegan as escaleiras de acceso, tres cepas de cachotería serven de apoio á camara, de dous claros. A pedra para as columnas, e a madeira no resto da edificación,xunto coa lousa da cuberta,son os materiais empregados. O tipo o que pertence é o chamado Cabanas, caracterizado especialmente pola súa cuberta, a catro augas, reforzada nas súas arestas moitas veces con tellas, e sen remates.
As características comúns os cruceiros de Moeche, son que a maioría pertencen a mesma época, finais do século XIX e principios do actual, e son obra probablementedo mesmo autor, Antonio Rodríguez, que tivo en Moeche un taller de cantería e hai datos para supoñer que da súa man son os situados nas Parroquias de Santa Cruz, en Labacengos,San Ramón e San Xurxo. Nos aledaños do Castelo de Moeche, nun cruce de camiños,atópase un exemplar do ano 1905 que consta de pedestal,fuste e cruz sinxela,a cal é a parte mais importante. Este cruceiro destaca pola súa altura.
Son unha parte moi representativa deste Concello, que forma parte do seu Patrimonio Arqueoloxico.
Esta situado na Parroquia de Abad, no lugar de Mil de Abaixo, a uns 500 metros da carretera Ferrol-Viveiro, na marxe esquerda, visible dende a mesma.
Está nun monticulo no medio do val, formado polo curso dun arroio que excavou o terreo polo Noroeste e o Este, a unha cota de 230 metros.
Componse dun solo recinto ocupacional de forma irregular defendido en todo o seu perimetro por un muro de pedra e terra. No interior do recinto atópase unha elevación de gran tamaño, formando parte do muro na súa parte Norte como un importante reforzo da mesma. As súas dimensións son de 96x58 metro, e ten comunicación visual cos castros de Labacengos e de Casabranca.
O interior do recinto atópase en bo estado de conservación, exceptuando a parte sur, donde parte do muro, fosos e parapetos desapareceron.
Atópase no lugar de forxao, na Parroquia de San Xoan de Moeche. Para chegar a este xacemento é necesario coller a carretera que vai dende o Castelo de Moeche ata San Ramón. O chegar a Forxao, pode verse o castro dominando as casas do lugar.
É de forma rectangular. O sistema defensivo consistía nunha muralla de pedra e terra situada ó oeste da cume do Castro, mentras que no resto do recinto aislabase do entorno por un alto terraplén. Na esquina Noroeste hai un pequeno reforzo defensivo e baixo o terraplén hai unha pequena terraza que vaise estreitando nesa dirección este ata unirse coa rampa de entrada. A parte accesible do castro aparenta un bo estado de conservación. Posiblemente existise un foso na parte este, que está desaparecido.
Esta emplazado nun montículo sobre o val, a unha cota de 240 metros. Atopase no núcleo de Santa Cruz, a 150 metros da marxe dereita da carretera.
Componse dun recinto principal, o cume, de forma ovalada defendido en todo o seu perímetro por un terraplén que varía de 3 a 4 metros de desnivel. Sobre o terraplén atopabase unha muralla de pedra e terra, reforzando o sistema defensivo, que desaparece pola parte suroeste. Na parte sureste da cume, completase a defensa con outro recinto defendido do entorno por un terraplén.
As defensas atopanse alteradas,sobre todo a muralla,desaparecendo nalgunhas zonas. O foso desapareceu totalmente.
Atópase situada na Parroquia de San Xurxo, a beira do Rio Grande de Xuvia. É un espacio natural do que dispón este Concello para o esparcimento e o recreo.
Rodeado de árbores autóctonos,nela atopamos mesas e bancos de madeira, barbacoas,e mobiliario de esparcimento xuvenil e infantil. Ademais conta cunha piscina municipal, que abre as suas portas,durante os meses de verán.