
O Entroido era unha festa completa. Pola mañá facíase o traballo de fóra: collíase a
herba ou o alcacer e mantíñanse as vacas pisando unas boas “bañadiñas” de toxo
para deixar así o gando mantido e disponer da tarde libre, xa que ese día non había
lindeiro. [ Descargar PDF ]
Chegados estes meses do verán, as aldeas rebulían de actividade. Era a época dos
traballos máis pesados, de sol a sol, nos longos días do estío, pero tamén era a época das
festas, polas que agardábamos con ansia.
Sí, chegados os meses de Xullo e Agosto, os campos, os lugares e as parroquias fervían
con segas, mallas, queima de rozas, colleita de patacas... e coas festas do Patrón, que
supoñían, sobre todo para as mulleres, unha carga de traballo adicional, aínda que moi
ilusiónante, e que mobilizaban a todos os gremios laborais das aldeas: taberneiros,
modistas e xastres, matachíns (para matar o año ou a ovella, dos que tamén se facía
chanfaina), e ata os carpinteiros e albaneis vían incrementada a súa actividade mercé aos
encargos de última hora para mellorar o fogar.
[ Descargar PDF ]
Si, tamén cando éramos nenos, nos anos trinta e corenta do século pasado, se
celebraban as festas de Nadal. Non como agora, naturalmente, con este dispendio que xa
raia no obsceno, pero dende sempre as familias se xuntaban na Noiteboa arredor da
mesa para festexar a data cunha comida típica da nosa gastronomía tradicional e
popular. [ Descargar PDF ]
É curioso como aos nosos netos lles costa traballo imaxinarnos como persoas novas. Parécelles que sempre fomos así, tal vez un pouco menos arrugados, pero sempre maiores, serios, cheos de sentidiño, cunha vida chea de traballos e responsabilidade e sempre polo camiño recto. Se lles falamos do moito que nos divertíamos, ou lles contamos algunha aventura, todo lles soa moi inocente, inxénuo , e mírannos escépticos, amilagrados de que puidéramos cometer algunha loucura e pasmados de que algunha vez vivíramos apaixonados namoramentos. Imposible que nós sentíramos o que eles senten agora. Hoxe é outra cousa!. [ Descargar PDF ]
Básicamente os lances amorosos e sexuais non cambiaron nada a través do
discorrer da vida, dende que o home e a muller apareceron sobre a face da Terra.
Sentimentos tales como amor, o desexo, os celos ou o desamor, son eternos e
universais, as ramas floridas ou espiñentas da árbore da vida, a cal afunde as súas raíces,
dende a noite dos tempos, na orixe mesma, no instinto primixenio da procreación e a
conservación da especie.
[ Descargar PDF ]
Os maiores non lembramos con pesar ou tristura os vellos tempos. Pola contra,
as nosas sensacións son de nostalxia e ledicia. Claro que entón éramos nenos ou mozos,
e o empuxe da vida podía con todo. Necesidade? Había, sen dúbida, pero máis ou
menos era para todos a mesma. Pobres e ricos? Sempre os houbo, pero as diferenzas
estaban tan arraigadas e eran tan insuperables que, polo menos para nós os labregos, non
deixaban lugar a envexas nin resentimentos sociais. Sinxelamente parecían insalvables.
É agora, á luz do progreso actual, cando nos tornamos máis conscientes das privacións
que sofríamos; anque deste tema aínda terían máis que dicir os nosos pais, se poideran
facelo.
[ Descargar PDF ]
Lembrábamos os maiores na Biblioteca que por estes días de xullo e agosto, hai
moitos anos, queimábase a roza. E qué é queimar a roza? , preguntaranse os máis novos.
Pois formaba parte, xunto con cavar a roza, dun traballo moi duro, quizás o máis duro
para os labradores, e consistía en preparar o monte para sementar o trigo. Así, sen
máquinas, soamente coas picarañas, e , ás veces coa axuda do arado.
Como hoxe en día estamos acostumados a ir á panadería e, xeralmente, mercar
calquera produto que se nos antolle, aos novos, seguramente lles resultará difícil
imaxinar a cantidade de traballo que se escondía antigamente detrás dun anaco de pan,
ou de empanada, ou dun rico doce calquera elaborado con fariña de trigo, anque estes
últimos probábamolos soamente nos días de festa.
[ Descargar PDF ]
¿Cómo non íamos a pasalo ben, lembra Luís, se éramos tantos, que unha vez saímos da taberna de Vila, en Labacengos, dezaoito mozos xuntos e todos máis ou menos da mesma idade, rumbo á festa de S. Xurxo?
E así, aparte das festas, feiras e outros eventos, os mozos (que non as mozas,
cuxa principal misión era a de ser modosiñas), a todas as horas sedentos de diversión,
argallábamos continuamente formas de pasalo ben, que ademais saían gratis. ¿E qué
maior diversión que unha boa broma pesada a costa de outro ser humano?
[ Descargar PDF ]
Lembramos os maiores que cando éramos nenos e mociños, aló polos anos corenta e cincuenta, por estes días do mes de abril, celebrábamos cós nosos mestres a “Festa da Árbore”.
Os nenos de Moeche reuníamonos nalgún lugar do Concello acompañados dos
mestres e, nunha demostración de sentido común e previsión de futuro que para si
quixeran futuras xeracións -máis necesitadas sen embargo dos beneficios dos
entrañables amigos verdes-, plantábamos árbores de especies nobres que logo foron, e
seguen sendo, exemplares venerables que nos regalan sombra e aire puro.
[ Descargar PDF ]